Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. moodle
  3. 5. As actividades de Moodle
  4. Tarefa 5.6. Crea un agrupamento e asígnalle unha nova tarefa

Tarefa 5.6. Crea un agrupamento e asígnalle unha nova tarefa

Requisitos do completado
TAREFASTarefa 5.6. Crea un agrupamento e asígnalle unha nova tarefa

Obxectivos da tarefa

  1. Familiarizarse cos funcionamento dos grupos.
  2. Practicar a creación de actividades específicas para os grupos.

Como realizar esta tarefa

  1. Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
  2. Identificáte co usuario e contrasinal que che foi asignado para acceder ao espazo de prácticas
  3. Pulsa (fai clic) sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores.

    → CREA UN "AGRUPAMENTO"
  4. Accede ao menú "Administración -> Administración do curso -> Usuario -> Grupos"
  5. Pulsa sobre a solapa "Agrupamentos"
  6. Pulsa sobre o botón "Crear agrupamento"
  7. Introduce como nome para este agrupamento "Agrupamento A" e pulsa o botón "Gardar modificacións"
  8. Pulsa sobre a icona [ Icona Agrupamento ] que aparece ao final da liña que corresponde a este agrupamento, á dereita.
  9. Marca o "Grupo A" e pulsa sobre o botón "Engadir" que aparece no medio dos recadros
  10. Finalmente pulsa o botón "Volver aos agrupamentos"

    → ASÍGNALLE UNHA TAREFA ESPECÍFICA PARA O "AGRUPAMENTO A"
  11. Crea unha nova "Tarefa" e asígnalla a este agrupamento, da seguinte maneira:
    → Crea unha nova tarefa, igual que fixeches na tarefa 3.4 deste curso.
    → No formulario de creación da tarefa, no fondo da páxina, pulsa sobre o desplegable "Configuración común do módulo"
    → No desplegable "Agrupamento" selecciona "Agrupamento A"
    → Marca a casilla "Dispoñible só para membros do grupo"
    → Finalmente pulsa o botón "Gardar e volver ao curso"

    → COMPROBA QUE A TAREFA SÓ É ACCESIBLE POLOS ALUMNOS DO "AGRUPAMENTO A"
  12. Entra no teu curso usando os datos dun alumno que forma parte do "Agrupamento A" e comproba que podes acceder a esta tarefa.
  13. A continuación, entra no teu curso usando os datos dun alumno que NON forma parte do "Agrupamento A" e comproba que non podes acceder a esta tarefa.

Como enviar esta tarefa despois de realizada

Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:

  1. Entra na aula virtual de prácticas, identificándote co teu usuario "profesor" e entra no teu curso.
  2. Pulsa o botón "Activar edición"
  3. Edita a configuración da tarefa que acabas de crear, pulsado a opción "Editar -> Editar a configuración" da propia tarefa.
  4. Copia a URL que aparece na barra de direccións do navegador.
  5. Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
  6. Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
  7. Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".

InformaciónPor qué usar agrupamentos?

Existen moitas circunstancias nas que podemos usar os agrupamentos. O seu uso máis evidente será transformar cada grupo (grupo-clase) nun agrupamento para poder asignarlle actividades específicas a cada grupo/agrupamento.

Este sería outro exemplo diferente de uso dos agrupamentos dentro dunha mesma clase:

1- Ti es o profesor dun curso chamado "Experimentamos co idioma inglés"
2- Divides aos teus alumnos dunha mesma aula, nos seguintes 4 grupos de Moodle: "Listening", "Reading", "Speaking" e "Writing", así que na maior parte do curso traballan dentro deses grupos.
3.- Agora queres que os alumnos dos 2 primeiros grupos traballen nun proxecto chamado "Passive Language" e creas un agrupamento con ese nome, asignando os dous primeiros grupos a este agrupamento.
4.- Os outros dous grupos traballarán noutro proxecto chamado "Active Language", de maneira que creas outro agrupamento con ese nome e asignas eses dous grupos a este novo agrupamento.

5.- Desta maneira, cada grupo está traballando conxuntamente con outro grupo no mesmo proxecto (agrupamento) e os grupos de cada proxecto (agrupamento) non poden ver as actividades do outro.

InformaciónConfiguración adicional de Moodle

Para que funcione correctamente a asignación de actividades aos agrupamentos é necesario activar unha opción de configuración que só pode realizar un usuario con permisos de administrador.
Para activar esta opción no Moodle do teu centro educativo, sigue estes pasos:

1.- Como usuario administrador diríxete ao seguinte menú:
"Administración do sitio -> Desenvolvemento -> Experimental -> Configuración experimental"
2.- Marca a opción "Activar só os membros do grupo"
3.- Pulsa o botón "Gardar os cambios"

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle