Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. moodle
  3. 5. As actividades de Moodle
  4. Tarefa 5.4. Engade unha tarefa con rúbrica no tema 2 do curso

Tarefa 5.4. Engade unha tarefa con rúbrica no tema 2 do curso

Requisitos do completado
TAREFASTarefa 5.4. Engade unha tarefa con rúbrica no tema 2 do curso

Obxectivos da tarefa

  1. Coñecer os distintos tipos de actividades que ofrece Moodle
  2. Experimentar a creación de "tarefas" e a súa avaliación con "rúbricas".

Como realizar esta tarefa

  1. Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
  2. Identificáte co usuario e contrasinal que che foi asignado para o teu usuario "profesor".
  3. Pulsa (fai clic) sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores
  4. Activa o modo edición.
  5. No tema 2 do teu curso, pulsa no enlace "Engadir unha actividade ou un recurso" e engade unha "Tarefa" coas seguintes características:
    - Nome da tarefa = "Tarefa 1"
    - Descrición = Neste apartado debes escribir o texto co enunciado da tarefa. Aqui debes explicar en que consiste a tarefa e como queres que a realicen os alumnos. En concreto, nesta tarefa debes pedirlles aos teus alumno que fagan un traballo relacionado co tema 2 do teu curso e que entreguen este traballo nun ficheiro con formato PDF.
    - Dispoñibilidade = Neste apartado debes desmarcar todas as casillas, non debe haber nada seleccionado.
    - Tipos de entrega = "Entregas de ficheiros"
    - Cualificación = En Cualificación pasa de 100 a 10 e en Método de cualificación = "Rúbrica".

  6. Todos os demáis campos déixaos cos valores por defecto.
  7. Pulsa o botón "Gardar e volver ao curso"
  8. Crea unha rúbrica para avaliar esta tarefa.
    Usa a rúbrica de exemplo do apartado "5.11 A rúbrica como método de avaliación das tarefas" deste curso.

Como enviar esta tarefa despois de realizada

Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:

  1. Entra na aula virtual de prácticas, identificándote co teu usuario "profesor" e entra no teu curso.
  2. Copia a dirección URL do teu curso que aparece na barra de direccións do teu navegador de internet .
  3. Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
  4. Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
  5. Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle