Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. moodle
  3. 5. As actividades de Moodle
  4. Tarefa 5.3. Crea unha proba para un único alumno (acceso condicionado)

Tarefa 5.3. Crea unha proba para un único alumno (acceso condicionado)

Requisitos do completado
TAREFASTarefa 5.3. Crea unha proba para un único alumno

Obxectivos da tarefa

  1. Coñecer os distintos tipos de actividades que ofrece Moodle
  2. Experimentar a creación de "probas" usando previamente o "banco de preguntas". 

Como realizar esta tarefa

  1. Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
  2. Identificáte co usuario e contrasinal que che foi asignado para este espazo de prácticas.
  3. Pulsa (fai clic) sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores
  4. Activa o modo edición.
  5. Debes crear unha nova "Proba" (no tema 3, igual que na tarefa anterior), coas seguintes características:
    - No apartado "Xeral" introduce o "Nome = Segundo cuestionario"
    - No apartado  "Sincronización" as datas de "Abrir a proba" e "Pechar a proba" deben aparecer desactivadas (desmarcadas).
    - No apartado  "Cualificación" seleccionar "Intentos permitidos = 1"
    - No apartado "Restrict access" ou "Restricciones de Acceso" debes indicar que esta proba únicamente será accesible para o teu alumno número 2, da seguinte maneira:
      → No campo "User field" ou "Campo de usuario" selecciona a opción "Nome" e a continuación selecciona o criterio "is equal to" ("es igual a"), introducindo despois o nome do teu alumno número 2 (só o nome, que neste caso será "Alumno 2").
      → Exemplo : Se os teus alumnos matriculados neste curso chámanse "Alumno 1", "Alumno 2", "ALumno 3", "Alumno 4" e "Alumno 5", despois do criterio "es igual a" debes introducir o nome "Alumno 2" (que é o nome do teu segundo alumno).
      → Todos os demáis apartados deben quedar sen modificación.
  6. Finalmente pulsa o botón "Gardar e volver ao curso".

    IMPORTANTE : Esta nova proba debe conter 2 preguntas do tipo que desexes (verdadeiro ou falso, resposta directa, ... etc). Estas 2 novas preguntas deberás crealas previamente no "Banco de preguntas", igual que fixeches nunha tarefa anterior deste mesmo curso.

* COMPROBACIÓN OBLIGATORIA* : Cando teñas a proba xa creada, debes comprobar que realmente só pode acceder a este proba o teu alumno número 2.
Para facer esta comprobación, entra no teu curso identificándote cos datos do teu primeiro alumno para comprobar que non podes acceder a esa proba e a continuación entra no teu curso identificándote cos datos do teu segundo alumno para comprobar que agora sí que tes acceso á proba.

Non envíes esta tarefa se antes non fixeches a comprobación anterior.

Como enviar esta tarefa despois de realizada

Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:

  1. Entra na aula virtual de prácticas, identificándote co teu usuario para o espazo de prácticas.
  2. Entra no teu curso, pulsando sobre o título do curso.
  3. Copia a dirección URL do teu curso que aparece na barra de direccións do teu navegador de internet .
  4. Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
  5. Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
  6. Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".

InformaciónPara que serven as actividades condicionais?

A funcionalidade "acceso condicional" resulta moi útil para establecer unha ou varias condicións que os alumnos deben cumplir para poder acceder a unha actividade.

No exemplo que pedimos nesta tarefa, o alumno debe chamarse dunha determinada maneira para poder acceder á actividade (actividade destinada a un único alumno) pero o "acceso condicional" permítenos establecer condicións de todo tipo para restrinxir o acceso a unha determinada actividade, como por exemplo: obter unha determinada nota nunha proba, visualizar unha determinada páxina, etc ...

 

InformaciónConfiguración adicional de Moodle

Para que funcione correctamente o acceso condicionado ás actividades é necesario activar unha opción de configuración que só pode realizar un usuario con permisos de administrador.
Para activar esta opción no Moodle do teu centro educativo, sigue estes pasos:

1.- Como usuario administrador diríxete ao seguinte menú:
"Administración do sitio -> Características avanzadas"
2.- Case ao final desta pantalla, marca a opción "Enable conditional access"
3.- Pulsa o botón "Gardar os cambios"

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle