Tarefa 5.2. Engade unha proba (cuestionario) no tema 3 do curso
Requisitos do completado
Obxectivos da tarefa
- Familiarizarse cos distintos tipos de actividades dispoñibles en Moodle
- Practicar a creación de probas (cuestionarios)
Como realizar esta tarefa
- Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
- Identificáte co usuario e contrasinal que che foi asignado para acceder ao espazo de prácticas.
- Pulsa (fai clic) sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores
- Activa o modo edición.
- No tema 3 do teu curso, pulsa no enlace "Engadir unha actividade ou un recurso" en engade unha "Proba" coas seguintes características:
- Nome = Cuestionario do tema 3
- Sincronización = As datas de "Abrir a proba" e "Pechar a proba" deben aparecer desactivadas.
- Cualificación = Neste apartado debes seleccionar "Intentos permitidos = 1"
Todos os demáis apartados deben quedar sen modificación, é dicir, debes deixalos coa configuración que teñen por defecto. - Pulsa o botón "Gardar e mostrar"
- Na seguinte pantalla que se mostra, aparece a mensaxe de que aínda non se engadiron preguntas. Aqui debes pulsar o botón "Editar a proba".
- No recadro "O BANCO DE PREGUNTAS CONTÉN" pulsa o enlace "Mostrar" para que se mostren as preguntas do banco de preguntas que creaches anteriormente na tarefa 4.5 deste curso.
- Marca (selecciona) as preguntas que creaches anteriormente e pulsa o botón [
] "Engadir á proba", para que estas preguntas pasen a formar parte do cuestionario que estás creando. - Finalmente pulsa o botón "Gardar".
- Volve ao curso e move (despraza) esta proba para colocala xusto debaixo da etiqueta "Actividades" (no caso de que apareza nunha ubicación distinta).
| IMPORTANTE: Como mínimo 2 alumnos matriculados no teu curso deben realizar esta proba, polo que deberás acceder ao teu curso primeiro entrando cos datos dun alumno e despois entrando cos datos do outro e responder ás preguntas desta proba. |
COMPROBACIÓN: Accede ao menú "Administración -> Administración do curso -> Cualificacións" e comproba os resultados que obtiveron os teus alumnos.
Como enviar esta tarefa despois de realizada
Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:
- Entra na aula virtual de prácticas, identificándote co teu usuario "profesor" e entra no teu curso.
- Copia a dirección URL do teu curso que aparece na barra de direccións do teu navegador de internet .
- Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
- Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
- Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".