Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. moodle
  3. 5. As actividades de Moodle
  4. Tarefa 5.1. Engade un foro no tema 1 do curso

Tarefa 5.1. Engade un foro no tema 1 do curso

Requisitos do completado
TAREFASTarefa 5.1. Engade un foro no tema 1 do curso

Obxectivos da tarefa

  1. Familiarizarse cos diversos tipos de actividades que ofrece Moodle.
  2. Practicar a creación de foros.

Como realizar esta tarefa

  1. Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
  2. Identificáte co usuario e contrasinal que che foi asignado para o teu usuario "profesor".
  3. Pulsa (fai clic) sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores
  4. Activa o modo edición.
  5. No tema 1 do teu curso, pulsa no enlace "Engadir unha actividade ou un recurso" e engade unha "Foro" coas seguintes características:
    - Ubicación do foro = o foro debe ir colocado debaixo (inmediatamente despois) da etiqueta "Actividades".
    - No apartado "Xeral" introduce como Nome do foro = "Foro de dúbidas e consultas".
    - No apartado "Xeral" introduce no campo Descrición = "un pequeno texto onde expliques para que serve este foro ou cal é a súa utilidade dentro do curso".
    - No apartado "Xeral" selecciona" Tipo de foro = Foro estándar para uso xeral"
    - No apartado "Suscrición e seguimento" debes seleccionar a opción "Modo de subscrición = Subscrición forzada"
    - No apartado "Configuración común do módulo" selecciona a opción "Modo de grupo = Sen grupos".
  6. Despois de crear este foro, como mínimo 1 alumno debe realizar unha pregunta no foro e o profesor responderá a esta consulta. É dicir, debes entrar no curso identificándote cos datos de un alumno e realizar unha consulta no foro, a continuación entrarás no curso identificándote cos datos do profesor e responderás á pregunta.

Como enviar esta tarefa despois de realizada

Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:

  1. Entra na aula virtual de prácticas, identificándote co teu usuario "profesor" e entra no teu curso.
  2. Entra no foro que creaches, de maneira que vexas as preguntas formuladas.
  3. Copia a dirección URL do foro que aparece na barra de direccións do teu navegador de internet .
  4. Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
  5. Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
  6. Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle