Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. moodle
  3. 4. Recursos e contidos de Moodle
  4. Tarefa 4.4. Engade un libro no teu curso

Tarefa 4.4. Engade un libro no teu curso

Requisitos do completado
TAREFASTarefa 4.4. Engade un libro no teu curso

Obxectivos da tarefa

  1. Familiarizarse coa creación dos distintos tipos de recursos que ofrece Moodle.
  2. Practicar a creación do recurso "Libro".

Como realizar esta tarefa

  1. Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
  2. Identificáte co usuario e contrasinal que che foi asignado para o espazo de prácticas.
  3. Pulsa (fai clic) sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores.
  4. Activa o modo edición.
  5. No tema 5 do teu curso pulsa sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
  6. Selecciona o recurso "Libro"
  7. Engade un novo libro neste tema, que deberá ter as seguintes características.
    Nome do libro = o mesmo título que teña o tema 5 no teu curso.
    Contidos do libro = O libro debe ter 3 capítulos e en cada capítulo debe aparecer como mínimo unha imaxe e un pequeno texto de 2 párrafos. Todos os textos e imaxes do libro deben estar relacionados con este tema 5.
  8. Coloca este libro debaixo da etiqueta "Contidos" deste tema.
    NOTA: Lembra que podes usar textos e imaxes dunha asignatura real que impartas actualmente no teu centro.

IMPORTANTE: Consulta o contido →"4.7. Engadir un libro"← deste curso, para máis información sobre a creación dun libro.

Como enviar esta tarefa despois de realizada

Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:

  1. Entra na aula virtual de prácticas, identificándote co teu usuario "profesor" e entra no teu curso.
  2. Pulsa sobre o libro que acabas de crear, para que se mostre en pantalla.
  3. Copia a dirección URL deste libro que se mostra na barra de direccións do teu navegador de internet .
  4. Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
  5. Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
  6. Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle