Tarefa 4.3. Crea un cartafol no teu curso
Requisitos do completado
Obxectivos da tarefa
- Familiarizarse coa creación de recursos en Moodle.
- Creación dun cartafol de Moodle como elemento ou almacén de ficheiros para o alumno.
Como realizar esta tarefa
- Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
- Identificáte co usuario e contrasinal que che foi asignado para o espazo de prácticas.
- Pulsa (fai clic) sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores
- Activa o modo edición.
- No tema 1 do teu curso pulsa sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
- Selecciona o recurso "Cartafol" e completa os seguintes campos do formulario:
Nome = Apuntes para descargar
Descrición = Apuntes do curso en formato PDF
Ficheiros = Nesta área de ficheiros debes subir 2 ficheiros en formato PDF que conteñan algún texto ou información complementaria e relacionada con este tema 1 do teu curso de Moodle.NOTA: Lembra que podes crear fácilmente ficheiros PDF usando o procesador de textos "Writer" de LibreOffice ou de OpenOffice. - Usando a icona [
] "Mover", desplaza e coloca este cartafol inmediatamente debaixo da etiqueta "Contidos" e a continuación da páxina que creaches na tarefa anterior.
IMPORTANTE: Consulta o contido →"4.4. Engadir un cartafol"← deste curso, se tés algunha dúbida sobre como engadir un cartafol
Como enviar esta tarefa despois de realizada
Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:
- Entra na aula virtual de prácticas, identificándote co teu usuario "profesor" e entra no teu curso.
- Copia a dirección URL do teu curso que aparece na barra de direccións do teu navegador de internet .
- Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
- Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
- Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".