Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. moodle
  3. 4. Recursos e contidos de Moodle
  4. Tarefa 4.1. Crea etiquetas no teu curso

Tarefa 4.1. Crea etiquetas no teu curso

Requisitos do completado
TAREFASTarefa 4.1. Crea etiquetas no teu curso

Obxectivos da tarefa

  1. Familiarizarse coa distribución e o aspecto estético do esquema dun curso
  2. Crear e configurar etiquetas como elemento organizativo dentro do esquema do curso.

Como realizar esta tarefa

  1. Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
  2. Identificáte co usuario e contrasinal que che foi asignado para o teu usuario "profesor".
  3. Pulsa (fai clic) sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores
  4. Activa o modo edición.
  5. No tema 1 do teu curso, pulsa no enlace "Engadir unha actividade ou un recurso" e engade unha "etiqueta" co seguinte texto: Contidos.
    Características do texto:
    - Tamaño = 14
    - Estilo = negrita
    - Cor = azul
  6. No mesmo tema 1, inserta da mesma maneira outra etiqueta co seguinte texto: Actividades
    Características do texto:
    - Tamaño = 14
    - Estilo = negrita
    - Cor = vermello
  7. Coloca as mesmas dúas etiquetas tamén nos temas 2, 3, 4 e 5.
  8. Oberva a imaxe que aparece aqui, a continuación, que che poñemos como exemplo de como deben ser as etiquetas e como deben quedar colocadas.

Insertar etiquetas
Imaxe  Insertar etiquetas
NOTA: Como podes comprobar, as etiquetas que debes crear son moi sinxelas xa que consisten simplemente nunha palabra coa fonte de texto nunha determinada cor. Se o desexas, podes engadirlles algún outro elemento a estas etiquetas, como por exemplo un caracter non alfabético, un símbolo, unha icona, ... etc.


IMPORTANTE: Consulta o contido →"4.6. Engadir etiquetas"← desde curso, se tés algunha dúbida sobre como engadir etiquetas.

Como enviar esta tarefa despois de realizada

Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:

  1. Entra na aula virtual de prácticas, identificándote co teu usuario "profesor" e entra no teu curso.
  2. Copia a dirección URL do teu curso que aparece na barra de direccións do teu navegador de internet .
  3. Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
  4. Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
  5. Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle