Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. moodle
  3. 3. Como xestionar un curso
  4. Tarefa 3.4. Crea unha tarefa para entregar en grupo

Tarefa 3.4. Crea unha tarefa para entregar en grupo

Requisitos do completado
TAREFASTarefa 3.4. Crea unha tarefa para entregar en grupo

Obxectivos da tarefa

  1. Familiarizarse coa xestión de grupos de alumnos dentro dun curso de Moodle.
  2. Aprender a crear actividades para entregar en grupo.
NOTA: Aínda que aprenderemos a crear tarefas e traballar con grupos nos seguintes módulos deste curso, agora imos facer unha pequena práctica con tarefas e grupos.

Como realizar esta tarefa

Esta tarefa debe ser realizada en dúas partes.

→ 1ª Parte:

  1. Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
  2. Identificáte co usuario e contrasinal que che foi asignado para acceder a este espazo.
  3. Pulsa (fai clic) sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores
  4. Activa o modo edición.
  5. No tema 1 do teu curso, pulsa no enlace "Engadir unha actividade ou un recurso" e engade unha "Tarefa" coas seguintes características:
    - Nome da tarefa = "Tarefa para entregar en grupo"
    - Descrición = Neste apartado debes escribir o texto co enunciado da tarefa. Aqui debes explicar en que consiste a tarefa e como queres que a realicen os alumnos.
    En concreto, nesta tarefa debes pedirlles aos teus alumno que fagan un traballo relacionado con este tema 1 do teu curso e que deberá entregar este traballo un membro do seu grupo, nun ficheiro con formato PDF.
    - Dispoñibilidade = Neste apartado debes desmarcar todas as casillas, non debe haber nada seleccionado.
    - Tipos de entrega = marca a opción "Entregas de ficheiros"
    - Configuración de entregas de grupos = Selecciona "Si" na opción "Alumnos que entregan en grupos".
    - Resultados = Neste apartado marca o recadro correspondente ao "resultado" (competencia) que creaches anteriormente.
    - Cualificación = Cambia a cualificación máxima da tarefa que por defecto está en 100 a 10.
    - Configuración común do módulo = Neste apartado selecciona a opción "Modo de grupo = Grupos separados"
  6. Todos os demáis campos déixaos cos valores por defecto.
  7. Pulsa o botón "Gardar e volver ao curso"

→ 2ª Parte:

IMPORTANTE: Como a tarefa que creaches ten marcada a opción "Alumnos que entregan en grupos", será suficiente con que un alumno do grupo entregue a tarefa para que a todos os demáis alumnos do grupo lles apareza a tarefa como entregada.
  1. Entra no teu curso identificándote cos datos de un dos teus alumnos (o alumno que queiras).
  2. Realiza a tarefa como alumno e sube o ficheiro a esta tarefa.
  3. A continuación entra no teu curso co teu usuario habitual (profesor do curso), pulsa sobre esa tarefa e fai clic no enlace "Ver/Cualificar todas as entregas"
  4. Comproba que agora todos os alumnos do grupo ao que pertence o alumno que realizou a tarefa, aparecen coa tarefa entregada.

Como enviar esta tarefa despois de realizada

Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:

  1. Entra na aula virtual de prácticas, identificándote co teu usuario "profesor" e entra no teu curso.
  2. Copia a dirección URL que aparece na barra de direccións do teu navegador de internet cando estás na pantalla "Ver/Cualificar todas as entregas" (paso 3 da 2ª parte da tarefa).
  3. Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
  4. Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
  5. Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle