Tarefa 3.3. Crea un "resultado" (competencia) para avaliar tarefas
Obxectivos da tarefa
- Comprender a utilidade dos "resultados" en Moodle.
- Familiarizarse coa creación e xestión de "resultados" (competencias) para a avaliación de tarefas
- Aprender a crear actividades de tipo "tarefa".
Como realizar esta tarefa
Nesta tarefa aprenderemos a crear "resultados" que usaremos posteriormente para cualificar as tarefas dos nosos alumnos. En concreto crearemos un "resultado" que nos servirá para avaliar unha tarefa de grupo.
- Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
- Identificáte co usuario e contrasinal que che foi asignado para acceder a este espazo.
- Pulsa (fai clic) sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores
- No bloque "Administración", fai clic no menú "Administración do curso - Resultados"
- Na pantalla que aparece, fai clic no enlace "Editar os resultados" que se mostra no centro da pantalla.
- Pulsa no botón "Engadir un novo resultado"
- Introduce os seguintes datos:
Nome completo = Traballa ben e colabora co grupo
Nome curto = Traballo-grupo
Escala = Si/Non - Finalmente pulsa o botón "Gardar modificacións"
Como enviar esta tarefa despois de realizada
Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:
- Entra na aula virtual de prácticas, identificándote co teu usuario "profesor" e entra no teu curso.
- Copia a dirección URL que aparece na barra de direccións do teu navegador de internet cando estás na pantalla "Administración do curso/Resultados" (paso 4 desta tarefa).
- Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
- Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
- Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".
|
Nesta tarefa usamos unha escala xa creada anterioremente, pero poderiamos crear as nosas propias "escalas" personalizadas para usar nas cualificacións dos nosos resultados. Este sería o procedemento para crear unha nova escala: 1.- Entra no teu propio curso |
