Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. moodle
  3. 3. Como xestionar un curso
  4. Tarefa 3.2. Crea 2 grupos de alumnos no teu curso

Tarefa 3.2. Crea 2 grupos de alumnos no teu curso

Requisitos do completado
TAREFASTarefa 3.2. Crea 2 grupos de alumnos no teu curso

Obxectivos da tarefa

  1. Familiarizarse coa creación e xestión de grupos de alumnos dentro dun curso de Moodle.
  2. Crear 2 grupos automáticos.

Como realizar esta tarefa

Esta tarefa debe ser realizada en dúas partes.

→ 1ª Parte:

  1. Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
  2. Identifícate co usuario e contrasinal que che foi asignado para o teu usuario "profesor".
  3. Pulsa (fai clic) sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores.
  4. No "bloque Administración" fai clic no menú "Administración do curso -> Editar a configuración".
  5. No apartados "Grupos" desta pantalla, selecciona as seguintes opcións:
    Modo de grupo = Grupos separados.
    Forzar o modo de grupo = Non.
    Agrupamento predeterminado = Ningún.
  6. Finalmente, pulsa o botón "Gardar modificacións".

→ 2ª Parte:

  1. No mesmo bloque Administración, fai clic no menú:
    "Administración do curso -> Usuarios -> Grupos"
  2. Na pantalla que aparece, fai clic sobre o botón "Crear grupos automáticamente".
  3. Na seguinte pantalla, selecciona (ou escribe) as seguintes opcións en cada apartado (algunhas xa aparecen por defecto):
    Esquema de nomeamento = Grupo @
    Especificar = Número de grupos
    Número de grupos/membros = 2
    Seleccionar os membros segundo o rol = Alumno
    Asignar membros = Ao chou
    Evitar o último grupo pequeno = Desmarcada (non seleccionar)
    Crear en agrupamento = Sen agrupamentos
  4. Finalmente, pulsa o botón "Enviar"

Como enviar esta tarefa despois de realizada

Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:

  1. Entra na aula virtual de prácticas, identificándote co teu usuario e entra no teu curso.
  2. Pulsa sobre o seguinte menú do "bloque Administración":
    "Administración do curso -> Usuarios -> Grupos -> Vista Xeral (solapa)" (ver imaxe inferior).
  3. Copia a URL que aparece na barra de direccións do teu navegador.
  4. Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
  5. Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
  6. Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios"

Vista xeral dos grupos
Imaxe Vista xeral dos grupos

InformaciónTraballaremos con estes 2 grupos de alumnos máis adiante

É importante que estes grupos queden correctamente creados nesta actividade, aínda que será no bloque 5 deste curso cando traballaremos cos grupos, creando actividades específicas para cada un deles e comprobando o seu funcionamento.

Polo momento é suficiente con que os grupos estean creados de forma correcta, o que poderemos comprobar na pantalla que se mostra na imaxe anterior accedento ao Menú = Administración do curso -> Usuarios -> Grupos -> Vista xeral (solapa).

Esta será tamén a URL que debemos enviar nesta tarefa.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle