Tarefa 3.1. Matricula alumnos no teu curso
Obxectivos da tarefa
- Comprender a xestión dos distintos participantes nun curso de Moodle.
- Aprender a matricular usuarios nun curso, asignándolles o papel de alumno.
- Entender o seguimento da actividade dos alumnos que proporciona Moodle.
Como realizar esta tarefa
MOI IMPORTANTE : Debes ler con moita atención as seguintes instruccións, para non cometer ningún erro na matriculación
- Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
- Identifícate co usuario e contrasinal que che foi asignado para entrar neste espazo.
- Pulsa (fai clic) sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores.
- No "bloque Administración" fai clic no menú "Administración do curso -> Usuarios -> Usuarios matriculados".
- Pulsa (fai clic) sobre o botón "Matricular usuarios".
- Na nova ventá emerxente que aparece, asegúrate que no desplegable "Asignar roles" está seleccionado o rol "Alumno".
- No recadro inferior de "Buscar" introduce os teus apelidos reais e pulsa o botón "Buscar"
- Verás que aparecen 5 alumnos (Alumno 1, Alumno 2, Alumno 3, Alumno 4, Alumno 5) que teñen os teus mesmos apelidos. Estes son os 5 alumnos que deberás matricular.
- Matricula no teu curso a eses 5 alumnos, pulsando sobre o botón "Matricularse" que aparece á dereita de cada un deles.
- Finalmente pulsa o botón "Rematar a matriculación de usuarios" que aparece na parte inferior desta mesma ventá emerxente.
|
Cales son os datos de acceso dos meus 5 alumnos? Os 5 alumnos que acabas de matricular no punto anterior (os teus alumnos que aparecen no listado) teñen os seguintes datos de acceso, substituíndo "nomeusuario" polo teu propio "nome de usuario real".
Exemplo: Se a túa dirección de correo electrónico é "pedroperez@edu.xunta.es", o teu nome de usuario será "pedroperez" e polo tanto nos datos que aparecen na táboa anterior debes substituír "nomedeusuario" por "pedroperez". |
COMPROBA QUE ESTES 5 ALUMNOS PODEN ACCEDER AO TEU CURSO
- Finaliza sesión no teu curso co teu usuario actual.
- Entra no teu curso identificándote coas claves de acceso dos alumnos que acabas de matricular. Como mínimo, debes acceder ao curso coas claves de dous alumnos.
- Finalmente volve a acceder ao teu curso co usuario que estás usando para crear o curso (usuario con rol de profesor) e comproba o rexistro de actividade dos alumnos cos que acabas de acceder ao curso anteriormente.
Para ver o rexistro da actvidade dos teus alumnos, debes ir ao "Bloque administración" do teu curso e pulsar sobre o menú "Informes -> Rexistro"
→ Consulta o apartado 3.2 deste curso ← onde explicamos o seguimento da actividade dos alumnos.
IMPORTANTE : Debe quedar rexistrado o acceso de dous dos teus alumnos (como mínimo), xa que isto é un dos obxectivos desta tarefa.
Como enviar esta tarefa despois de realizada
Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:
- Entra na aula virtual de prácticas, identificándote co teu usuario e entra no teu curso.
- Pulsa sobre o seguinte menú do "bloque Administración":
"Administración do curso -> Usuarios -> Usuarios matriculados". - Copia a dirección URL que aparece na barra de direccións do teu navegador de internet.
- Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
- Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
- Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios"