Tarefa 2.5. Personaliza os temas do teu curso
Requisitos do completado
Obxectivos da tarefa
- Familiarizarse coa estrutura dun curso en Moodle.
- Personalizar o curso creado en Moodle para adaptalo a un exemplo real fácilmente recoñecible e identificable polo usuario.
Como realizar esta tarefa
ANTES DE EMPEZAR: Da asignatura que escolliches, vas a usar o título dos 5 primeiros temas para realizar esta tarefa.
- Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
- Identifícate co usuario e contrasinal que che foi asignado para entrar no espazo de prácticas.
- Pulsa (fai clic) sobre o nome do teu curso que creaches na tarefa anterior.
- Pulsa o botón "activar edición".
- Fai clic sobre a icona [
] que aparece debaixo do nome do Tema 1 (ver imaxe inferior, "Editar o resumo") para editar as propiedades do título do tema. - Desmarca a opción "Empregar o nome predeterminado da sección" e no campo "Nome da sección" introduce o título exacto do tema 1 da túa asignatura, da que escolliches anteriormente. No campo "Resumo" debes insertar unha pequena imaxe (máximo 150 pixels de alto) relacionada con este tema e escribir un breve resumo (un párrafo) sobre os contidos do tema. Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".
- Repite os pasos 5 e 6 para cada un dos restantes temas do teu curso.
É dicir, os 5 temas dos que consta o teu curso de Moodle deberán cumplir as seguintes condicións:
---> deben titularse exactamente igual que os 5 primeiros temas da asignatura que ti escolliches.
---> deben ter unha pequena imaxe relacionada coa temática do propio tema.
---> deben presentar un párrafo resumo do seu contido.

Imaxe Editar o resumo
Como enviar esta tarefa despois de realizada
Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:
- Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
- Na aula virtual de prácticas, copia a dirección URL da barra de direccións do navegador que corresponde á pantalla principal do teu curso de Moodle e pégaa no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
- Pulsa o botón "Gardar os cambios".
- Pulsa no botón "Entregar tarefa"
- Pulsa no botón "Continuar"
IMPORTANTE: Lembra que debes ler ou consultar os contidos de cada bloque, para poder realizar correctamente as tarefas correspondentes.