Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. moodle
  3. 2. Aspectos xerais de Moodle
  4. Tarefa 2.4. Crea un encabezado para o teu curso (bloque 0)

Tarefa 2.4. Crea un encabezado para o teu curso (bloque 0)

Requisitos do completado
TAREFASTarefa 2.4. Crea un encabezado para o teu curso (bloque 0)

Obxectivos da tarefa

  1. Comprender a distribución dos elementos que forman a estrutura dun curso de Moodle.
  2. Aprender a utilidade do bloque 0, dentro dun curso de Moodle.

Como realizar esta tarefa

ANTES DE EMPEZAR: Escolle unha asignatura ou materia, por exemplo unha das materias que impartes no teu centro educativo.

  1. Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
  2. Identifícate co usuario e contrasinal que che foi asignado para o espazo de prácticas.
  3. Pulsa (fai clic) sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores.
  4. Activa a edición no teu curso.
  5. No "Bloque 0" do curso (o primeiro que aparece, onde está situado o "Foro de novas"), pulsa sobre a icona de "Editar o resumo" (ver imaxe inferior)
  6. Usando o editor de texto, crea un encabezado para o teu curso, de acordo aos seguintes criterios:
  • Deixa marcada a opción "Empregar o nome predeterminado da sección"
  • No campo "Resumo" introduce o título da asignatura (ou materia) sobre a que vas a crear os temas do curso. Este título deberá ter un tamaño de letra de 24 pt. (ou máis) en cor azul ou calquera outra cor diferente á negra.
  • A continuación, no mesmo campo "Resumo" introduce un pequeno párrafo de benvida e/ou presentación do teu curso. Este párrafo debe levar un tamaño de letra inferior a 24 pt., e agora sí, en cor negra.
  • Se o desexas, tamén podes insertar unha imaxe que sirva como encabezado para o teu curso, pero ten coidado co tamaño desta imaxe xa que se é demasiado grande desplazará hacia abaixo todos os temas do curso.
  • Para finalizar pulsa o botón "Gardar modificacións"

Como enviar esta tarefa despois de realizada

Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:

      1. Entra na aula virtual de prácticas, identificándote co teu usuario para o espazo de prácticas.
      2. Copia a dirección URL do teu curso que aparece na barra de direccións do teu navegador de internet 
      3. Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
      4. Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
      5. Pulsa o botón "Gardar os cambios".
      6. Pulsa no botón "Entregar tarefa"
      7. Pulsa no botón "Continuar"

Editar o resumo (Bloque 0)
Imaxe Editar o resumo (Bloque 0)

IMPORTANTE: Resulta especialmente importante que leas e consultes os contidos de cada bloque, para poder realizar correctamente as tarefas correspondentes.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle