Tarefa 2.3. Crea un novo curso
Requisitos do completado
Obxectivos da tarefa
- Aprender o procedemento de creación e configuración dun curso en Moodle.
- Crear un espazo propio na aula virtual de prácticas, onde cada usuario realizará as tarefas plantexadas en cada un dos temas deste curso.
Como realizar esta tarefa
- Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
- Identifícate co usuario e contrasinal que che foi asignado para entrar no espazo de prácticas.
- No bloque Administración (barra lateral esquerda) fai clic sobre o enlace "Administración do sitio -> Cursos -> Engadir/Editar cursos".
- Selecciona (fai clic) sobre a categoría "Cursos para prácticas" que aparece en pantalla.
- Fai clic sobre o enlace "Crear un novo curso"
- Deberás crear un novo curso engadindo os seguintes datos nos campos correspondentes:
XERAL
- Nome completo (do curso) = "Curso de Nome Apelido1 Apelido2" (substitúe "nome", "apelido1", "apelido2" polos teus propios datos persoais)
- Nome curto do curso = curso_nomeapelidos (substitúe "nomeapelidos" polos teus propios datos persoais)
- Categoría de cursos = comproba que aparece seleccionada a categoría "Cursos para prácticas"
- Visible = Mostrar
- Data de inicio do curso = 1 - Setembro - 2019
DESCRICIÓN
- Resumo do curso = "Curso de prácticas de "Nome Apelido1 Apelido2" para a realización das tarefas do curso de Moodle" (substitúe "nome", "apelido1", "apelido2" polos teus propios datos)
FORMATO DO CURSO
Formato = Formato dos temas
Número de semanas ou temas = 5
Non modifiques o resto dos apartados e déixaos cos datos que mostran por defecto. - Para finalizar pulsa o botón "Gardar modificacións"
IMPORTANTE: Resulta especialmente importante que leas e consultes os contidos de cada bloque, para poder realizar correctamente as tarefas correspondentes.
Como enviar esta tarefa despois de realizada
Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:
- Entra na aula virtual de prácticas, identificándote co teu usuario para o espazo de prácticas.
- Copia a dirección URL do teu curso que aparece na barra de direccións do teu navegador de internet
- Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
- Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
- Pulsa o botón "Gardar os cambios".
- Pulsa no botón "Entregar tarefa"
- Pulsa no botón "Continuar"