Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. moodle
  3. 2. Aspectos xerais de Moodle
  4. Tarefa 2.1. Personaliza os datos do teu usuario

Tarefa 2.1. Personaliza os datos do teu usuario

Requisitos do completado
TAREFASTarefa 2.1. Personaliza os datos do teu usuario

Obxectivos da tarefa

  • Acceder á aula virtual do espazo de prácticas (onde traballaremos a partir de agora) e comprobar que o acceso é correcto para o usuario que temos asignados: usuario "profesor".
  • Personalizar os datos do usuario, modificando os seu datos persoais.

Como realizar esta tarefa

      1. Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace "Aula virtual de prácticas" ben desde aquí ou desde o bloque que aparece na esquina superior dereita deste curso.
      2. Identifícate co seguinte usuario e contrasinal
          • usuario: o teu nome de usuario da conta "edu.xunta.es", é dicir, o que vai antes da "@" 
            ( exemplo: se a miña conta fose "pepe@edu.xunta.es" escribiría no campo usuario = pepe )
          • contrasinal: é o mesmo para todos os usuarios =  Moodle.2020
            ( a primeira letra do contrasinal é unha maiúscula )
      3. Necesariamente hai que actualizar este contrasinal e introducir un novo.
        Para facelo manualmente, fai clic no menú "Configuración do meu perfil - Cambiar contrasinal" que se mostra no bloque "Administración" do lateral esquerdo da pantalla.
      4. Fai clic no menú "Editar o perfil" (no mesmo bloque de menús anterior), introduce algún texto no campo "Descrición" e unha imaxe ou fotografía na sección "Imaxe do usuario".
CAMBIAR CONTRASINAL
Imaxe Cambiar contrasinal

Como enviar esta tarefa despois de realizada

Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:

            1. Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
            2. Na aula virtual de prácticas, copia a dirección URL da barra de direccións do navegador que corresponde á pantalla do perfil do teu usuario (ver imaxe inferior) e pégaa no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
            3. Pulsa o botón "Gardar os cambios".
            4. Pulsa no botón "Entregar tarefa"
            5. Pulsa no botón "Continuar"

Barra de direccións URL
Imaxe Barra de direccions URL
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle