Section outline

  • Moitos docentes empregan de xeito cotiá blogs educativos creados con ferramentas externas e aloxados en servidores alleos ao Proxecto Webs Dinámicas, como blogspot, blogger,  wordpress...

    Esta práctica de uso de servizos gratuítos na web conta coas seguintes problemáticas:

    • A asociación do blog a unha conta persoal dun docente.
    • Problemas de privacidade de datos debido a:
      • Aceptación de termos de servizo en clave persoal para uso corporativo.
      • Posta a disposición de terceiros de datos privados (nosos ou do noso alumnado) sen o debido consentimento.

    A continuación detállase o procedemento para crear blogs empregando Drupal 6, o cal evitará os problemas mencionados con anterioridade.