Os Modulos
Drupal é modular. As súas posibilidades e funcionalidades dependen dos módulos que incorporemos e activemos.
Algúns módulos xa os trae por defecto a aplicación. Son os módulos core.
Nós para o noso proxecto incorporamos ata agora os seguintes módulos non core:
| Event | Image | Image_assist |
Feedback |
| Scheduler | Webform | Taxonomy_acces control |
Taxonomy_menu |
| Tinymce |
IMCE |
Autologout | Article |
Tódolos módulos para que funcionen teñen que ser activados na ruta administrar-construcción da páxina-módulos.
É importante que se execute update.php cada vez que se actualiza ou incorpora un módulo.
Logo, para que un usuario disfrute das posibilidades dun modulo ten que ter activados os permisos necesarios.
Os permisos actívanse na ruta administrar-mantemento de usuarios-control de acceso
Os módulos poden baixarse de http://drupal.org/project/Modules