Publicando contido

O procedemento é o seguinte:

1.Desde o menú de usuario-> Crear Contido

2.Engadimos título e seleccionamos Categoría onde se vai publicar:

enviar páxina

Observacións:
  • A inclusión do título é imprescindible. Non se permite a publicación de ningún contido que non o inclúa
      • A ubicación do contido na taxonomía e menú correspondente: A modo de menú despregable indicarémoslle ao sistema en que apartado da páxina web queremos engadir o novo contido. Segundo o rol que teñamos asignado poden aparecer máis ou menos taxonomías. (Isto é lóxico: Un Profesor non ten por qué poder acceder á sección do “Centro”, mentres que un Pai non ten por qué poder publicar algo na taxonomía de Orientación…). Se non indicamos ningunha categoría, o sistema só poderá publicalo na “Páxina principal” se así llo indicamos.
     
3. Escribimos o contido a publicar na sección “Corpo”: Este é un editor de texto coas función principais dun propio procesador de textos:

editor de contidos

4. Seleccionamos as opción de envío da publicación:

Opcións

As diversas opción veñen, unha vez máis, definidas no rol de usuario. Por tanto, non teñen por que aparecer todas estas na nosa plataforma:

  • Publicado: Se o contido será publicado ó premer “Enviar”.
  • Promocionado á páxina principal: Se, a parte de incluirse no seu menú e taxonomía correspondentes, queremos que se publique na páxina principal.
  • Pegaxoso na cima das listas: Este tipo de contidos aparece sempre en primeiro termo da páxina. Os demais contidos se colocarán sempre a continuación do nodo que seleccionemos como “pegaxoso”. O uso máis típico sería, por exemplo, a “Benvida” á páxina do Centro.
  • Crear revisión nova: Se queremos modificar un nodo xa existente, indicando que foi “actualizado”.
Última modificación: martes, 26 de xuño de 2018, 8:46 AM