Os diferentes tipos de contido
Requisitos do completado
Os diferentes tipos de contido
Drupal permite a introdución dos seguintes contidos:
- Artigo do blogue: Un blogue é unha especie de diario actualizado regularmente e composto de envíos individuais que se mostran en orde cronolóxico inverso. Un blogue está estreitamente ligado ó seu autor, polo que cada usuario ten o seu propio blogue.
- Book page (Páxina de libro): Un “libro” é un traballo conxunto entre os diversos membros da plataforma: os usuarios poden colaborar escribindo as páxinas do libro, colocando as páxinas na orde correcta, ou modificando as entradas escritas previamente.
- Event (Evento): Un evento é unha publicación na que se inclúe una data de comezo e remate. Aparecerá no calendario.
- Forum topic (Tema de debate): Crea un tema de debate novo nos foros.
- Image: Insire unha imaxe (coa súa miniatura correspondente).
- Páxina: Se quere engadir unha páxina estática, como unha páxina con información de contacto ou con información sobre os autores, use unha páxina.
- Enquisa: Unha enquisa é unha pregunta de selección múltiple na que os usuarios poden votar.
- Historia: As "historias" son artigos na súa forma máis sinxela: teñen un título, un resumo, e un corpo principal. O resumo é parte do corpo.
- Webform (Cuestionarios): Crea un cuestionario accessible a usuarios do sistema. O rexistro de datos e estatísticas só son accedidos por usuarios privilexiados.
Última modificación: martes, 26 de xuño de 2018, 8:46 AM