Introdución á terminoloxía en Drupal


drupal

Drupal é un sistema de xestión de contido para a web. O texto e as ligazóns entre o contido son almacenados nunha base de datos, e as páxinas constrúense dinamicamente para ser presentadas ao usuario en resposta a unha "petición web" mediante un navegador.

O contido en drupal almacénase como "nodos". Un nodo é un obxecto de contido xenérico, quese pode corresponder cunha "páxina", un "artigo", unha"entrada de blog", etc... A algúns tipos de nodo, dependendo daconfiguración, os usuarios poden engadir comentarios (os comentarios non sonconsiderados como nodos). Os nodos ou os comentarios poden necesitar seraprobados por un moderador antes de ser publicados.

A presentación e o deseño das páxinas son xestionadas mediante 'Temas' intercambiables. A presentación estándar dunha páxina de Drupal ('Tema'), consiste en tres columnas. A columna do centro é a "Columna de contido". Mostra resumos dos nodos publicados máis recentemente por orde de data. Se se fai click sobre o seu título, o contido completo do nó é mostrado na columna central.

As columnas esquerda e dereita chámanse normalmente "barras laterais". As barraslaterais mostran os "bloques".Estes conteñen os menús con ligazóns para amosar os outros nodos. Diferentesmenús poden ser mostrados no bloque de navegación, dependendo do que esteafacendo e de que privilexios ou permisos ("roles") teña o usuario.

Os bloques tamén son configurables epoden aparecer na parte do sitio web que administrador defina.

Os nodos pódense clasificar en categorías,tamén chamadas taxonomías. Os foros son un exemplo de nodos de contido organizados por categoría. As categorías poden ser xerárquicas o que significa que unha categoría "pai" contén múltiples categorías "fillos".

A miúdo, novas funcionalidades son implementadas en Drupal como"módulos". Unha vez que un administrador engade un arquivo ou cartafol dun módulo no subdirectorio "módulos", a opción de utilizar o módulo aparece na sección Administrar >> Módulos. Se o administrador activa o módulo, as funcionalidades asociadas con el actívanse e aparecen na sección correspondente de Drupal. Un módulo pode definir un novos tipos denodos, crear novas opcións no menú ou proporcionar novas pezas de dique que estarán dispoñibles para mostrar nas barras laterais.

A plataforma web que proporciona a Consellería de Educación para os Centroseducativos de Galicia propón para a xestión das webs dos centros un sistema detraballo que parta destas Taxonomías xa mencionadas.

Debido a que a plataforma Drupal permite a asignación de permisos segundo os distintos roles de usuario, esta pantalla de “Benvida” será totalmente configurable ao gusto do Administrador, permitindo a aparición ou non dos distintos bloques e/ou elementos dos menús segundo sexa o rol do visitante.



Última modificación: martes, 26 de xuño de 2018, 8:46 AM