¿Web 2.0?
Requisitos do completado
Web 2.0
O termo Web 2.0 foi acuñado por Tim O'Reilly en 2004 para referirse a unha segunda xeración na historia da Web baseada en comunidades de usuarios e unha gama especial de servizos, como as redes sociais, os blogs, os wikis... que fomentan a colaboración e o intercambio áxil de información entre os usuarios.
O concepto orixinal do contexto, chamado Web 1.0 era páxinas estáticas HTML que non eran actualizadas frecuentemente. O éxito das punto-com dependía de webs máis dinámicas onde os Sistema de xestión de contidos servían páxinas HTML dinámicas creadas ao voo desde unha actualizada base de datos. En ambos os sentidos, o conseguir hits (visitas) e a estética visual eran considerados como uns factores moi importantes.
Os propulsores da aproximación á Web 2.0 cren que o uso da web está orientado á interacción e redes sociais, que poden servir contido que explota os efectos das redes creando ou non webs interactivas e visuais. É dicir, os sitios web 2.0 actúan máis como puntos de encontro, ou webs dependentes de usuarios, que como webs tradicionais.

A etiqueta 2.0 fíxose extraordinariamente popular nos últimos anos. É certo que foi utilizada de xeito abusivo e indiscriminada como produto de mercadotecnia, pois todo o que levase o selo 2.0 axudaba a publicitalo como moderno e tecnolóxicamente avanzado. Pero tamén é certo que a facilidade para aplicar a filosofía e as ferramentas da Web 2.0 en calquera ámbito é unha das razóns do seu éxito. E deste xeito temos empresas 2.0, xornalismo 2.0, edición 2.0, educación 2.0 e por suposto bibliotecas 2.0.

Podemos entender como 2.0 -"Todas aquelas utilidades e servizos de Internet que se sustentan nunha base de datos, a cal pode ser modificada polos usuarios do servizo, xa sexa no seu contido (engadindo, cambiando ou borrando información ou asociando datos á información existente), ben na forma de presentalos, ou en contido e forma simultaneamente."- (Ribes, 2007)

A etiqueta 2.0 fíxose extraordinariamente popular nos últimos anos. É certo que foi utilizada de xeito abusivo e indiscriminada como produto de mercadotecnia, pois todo o que levase o selo 2.0 axudaba a publicitalo como moderno e tecnolóxicamente avanzado. Pero tamén é certo que a facilidade para aplicar a filosofía e as ferramentas da Web 2.0 en calquera ámbito é unha das razóns do seu éxito. E deste xeito temos empresas 2.0, xornalismo 2.0, edición 2.0, educación 2.0 e por suposto bibliotecas 2.0.

Última modificación: martes, 26 de xuño de 2018, 8:46 AM