Exemplo1. Proxy caché.
ESCENARIO:
- Servidor proxy-caché SQUID coa IP 192.168.100.252 e Máscara de Subrede: 255.255.255.0 (/24)
- Clientes proxy: 192.168.100.X, onde X
[11,240] - Arquivo de configuración: squid.conf
INDEPENDENTE DA DISTRIBUCIÓN:
NOTA: Nos exemplos expostos emprégase a ruta de configuración de Debian /etc/squid3/ e o nome do servizo squid3, para OpenSUSE sustituir respectivamente por /etc/squid/ e squid.
- Procedemento xerar estrutura caché:
- Modifica o ficheiro /etc/squid3/squid.conf do servidor squid para activar as directivas cache_dir e cache_mem como segue:
cache_dir ufs /var/spool/squid3 100 16 256onde,
cache_mem 100 MBufs é o formato da caché.
/var/spool/squid3 é o directorio da caché para Debian, sendo, por defecto, para OpenSUSE /var/cache/squid.
100 son os MB de espazo en disco que se vai empregar no directorio anterior. O tamaño nunca debería ser o espazo total do disco duro, senón que deberíase restar o 20% e empregar ese valor.
16 é o número de subdirectorios de primeiro nivel (L1) que se crearán baixo o directorio de caché.
256 é o número de subdirectorios de segundo nivel (L2) que se crearán baixo cada subdirectorio de primeiro nivel.- Reiniciar o servizo: /etc/init.d/squid3 restart
- Procedemento rexenerar estrutura caché:
- Para o servizo: /etc/init.d/squid3 stop
- Eliminar tódolos arquivos e cartafoles dentro do cartafol de caché /var/spool/squid3: rm -rf /var/spool/squid3/*
- Crear no directorio de caché os niveis de caché L1 e L2: cd && squid3 -z
- Activa o servizo: /etc/init.d/squid3 start
Comprobación:
Nos clientes configurar o navegador para que a navegación teña lugar polo proxy:
IP: 192.168.100.252
Porto: 3128