Exemplo1. Proxy caché.

ESCENARIO:

  • Servidor proxy-caché SQUID coa IP 192.168.100.252 e Máscara de Subrede: 255.255.255.0 (/24)
  • Clientes proxy: 192.168.100.X, onde X[11,240]
  • Arquivo de configuración: squid.conf

 

INDEPENDENTE DA DISTRIBUCIÓN:

NOTA: Nos exemplos expostos emprégase a ruta de configuración de Debian /etc/squid3/ e o nome do servizo squid3, para OpenSUSE sustituir respectivamente por /etc/squid/ e squid.

  • Procedemento xerar estrutura caché:
  1. Modifica o ficheiro /etc/squid3/squid.conf do servidor squid para activar as directivas cache_dir e cache_mem como segue:
    cache_dir ufs /var/spool/squid3 100 16 256
    cache_mem 100 MB
    onde,
  2. ufs é o formato da caché.
    /var/spool/squid3 é o directorio da caché para Debian, sendo, por defecto, para OpenSUSE /var/cache/squid.
    100 son os MB de espazo en disco que se vai empregar no directorio anterior. O tamaño nunca debería ser o espazo total do disco duro, senón que deberíase restar o 20% e empregar ese valor.
    16 é o número de subdirectorios de primeiro nivel (L1) que se crearán baixo o directorio de caché.
    256 é o número de subdirectorios de segundo nivel (L2) que se crearán baixo cada subdirectorio de primeiro nivel.
  3. Reiniciar o servizo: /etc/init.d/squid3 restart

 

  • Procedemento rexenerar estrutura caché:
    1. Para o servizo: /etc/init.d/squid3 stop

    2. Eliminar tódolos arquivos e cartafoles dentro do cartafol de caché /var/spool/squid3: rm -rf /var/spool/squid3/*

    3. Crear no directorio de caché os niveis de caché L1 e L2: cd && squid3 -z

    4. Activa o servizo: /etc/init.d/squid3 start

 

Comprobación:

Nos clientes configurar o navegador para que a navegación teña lugar polo proxy: 

IP: 192.168.100.252

Porto: 3128

 

Este artículo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-ShareAlike 2.5 License

www.debian.org // \\ es.opensuse.org