OBXECTIVOS E CRIT. AVAL.
OBXECTIVOS:
-
1.- Identificar o debuxo como instrumento de comunicación.
2.- Manexar o debuxo a man alzada, gardando a proporción entre debuxo e realidade.
3.- Recoñecer a sistemática para realiza-las vistas diédricas de calquera peza.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
A avaliación inicial farase a partir do sarillo de ideas, tendo en conta a aportación dos alumnos á mesma, ademais dunha proba de exploración inicial. Como procesual, a observación do seguimento no desenvolvemento dos exercicios e a súa corrección. Como final a entrega dalgunha lámina, a representación no proxecto tecnolóxico e o exame escrito. Concretámola:
1.- Expresar obxectos sinxelos mediante vistas.
2.- Representar os obxectos a man alzada, gardando as proporcións entre debuxo e realidade.
3.- Usar e coidar de maneira correcta o material de debuxo.
4.- Presentar de forma limpa e ordenada as representacións.