Circular de inicio de curso Edixgal
Estimado/a director/a.
A través desta comunicación, facémoslle chegar unha serie de instrucións sobre o desenvolvemento do Proxecto E-Dixgal de cara ao inicio de curso 2025/26:
INFORMACIÓN EN XADE
Para axilizar os procesos de acceso á plataforma EVA e de xestión do equipamento, é moi importante que na aplicación XADE figure a asignación do profesorado a cada grupo e materia dun nivel E-Dixgal.
- Menú de XADE = "Alumnado - Grupos - Grupos Simples - Mantemento": Nesta pantalla debe seleccionar o/a titor/a do grupo.
- Menú de XADE = "Alumnado - Grupos - Grupos Simples - Profesorado": Nesta pantalla debe marcar todos os profesores/as que imparten algunha materia no grupo.
- Menú de XADE = "Alumnado - Grupos - Grupos Simples - Materias": Nesta pantalla debe seleccionar o/a profesor/a que imparte cada materia en concreto.
Para que os datos recollidos en Xade queden reflectidos no EVA (e en abalarMóbil), deberá facer visibles os grupos: Utilidades > Xestión > Opcións Abalar > Visualizar grupos. Mentres as materias non estean asignadas en Xade, o profesorado unicamente poderá crear novos cursos, consultar o catálogo e empregar a Ferramenta de Autor.
VARIACIÓNS NA MATRÍCULA
Os datos de alumnado e grupos son actualizados periodicamente de forma automática desde XADE, polo que non é preciso notificar de forma específica variacións na matrícula. Unicamente a partir do mes de outubro, será preciso solicitar equipos para o novo alumnado se no centro non hai un número suficiente de reserva.
CESIÓN DOS EQUIPOS DE ALUMNADO
Todos os procesos de xestión dos acordos de cesión (asignación de equipos ao alumnado, impresión dos acordos de cesión e remisión dos acordos) deben realizarse desde a ferramenta de Xestión do equipamento E-Dixgal (https://glpi.edu.xunta.gal/premium/admin/login.php).
As persoas encargadas da dirección do centro e da coordinación E-Dixgal teñen configurado o acceso a esta aplicación. No caso de problemas no acceso deberase abrir unha incidencia no Soporte Premium (soporte.premium@edu.xunta.gal).
O equipo do alumnado debe ser entregado á familia en concepto de cesión de uso. Dado que o equipo se cede para que o alumnado e as familias dispoñan do mesmo non só no centro, senón tamén no seu domicilio, as familias deberán asinar o documento de compromiso de cesión do equipo.
As familias que non asinen o documento de compromiso de cesión do equipo non poderán retirar o equipo do centro, o que pode ocasionar importantes trastornos para o desenvolvemento das actividades educativas dos seus/súas fillos/as.
No caso de centros participantes en anos anteriores no proxecto E-Dixgal no que o número de equipos asignados sexa superior ao cómputo especificado anteriormente (alumnado matriculado máis equipos de reserva), procederase á retirada do exceso de equipos por parte do persoal do Soporte Premium.
As familias con alumnado actualmente matriculado en grupos E-Dixgal no curso 2025/26, que no curso anterior asinaron o acordo de cesión e non devolveron o equipo no período estival, non terán que volver a asinalo xa que se considera vixente o acordo do curso pasado.
Os documentos de cesión do equipamento asinados polas familias (ben no presente curso, ou no curso pasado no caso de alumnado que mantén o equipo) deberán ser dixitalizados e remitidos a través da propia aplicación https://glpi.edu.xunta.gal/premium/admin
ACCESO AO EVA DO ALUMNADO
O nome de usuario de acceso ao EVA por parte do alumnado será o mesmo que o do pasado curso, pero os contrasinais foron reseteados. Como en anos anteriores, será o profesorado o encargado de facerlle chegar ao alumnado a clave provisional de acceso ao EVA. O contrasinal modificado polo alumnado deberá ter 8 caracteres e como mínimo unha maiúscula, unha minúscula e un número.
SOPORTE PREMIUM
O proxecto E-Dixgal conta cun equipo de soporte específico (Soporte Premium) que canalizará todas as incidencias relativas a centros, familias e profesorado.
As canles de contacto que dispoñen os usuarios son as seguintes:
- Correo: soporte.soporte.premium@edu.xunta.gal
- Teléfono: 881 86 99 00
- WhatsApp: 604 06 78 56
- Telegram: @Serviciopremiumedixgal
PRESENTACIÓN DOS CONTIDOS CURRICULARES EDITORIAIS
Do mércores 3 ao venres 5 de setembro, en horario de 11:00 a 12:00 h, terán lugar unha serie de webinars formativos organizados coa colaboración das editoriais de contidos educativos dixitais que participan no proxecto E-Dixgal.
Estes encontros virtuais teñen como finalidade profundar no modelo funcional e pedagóxico dos recursos editoriais dispoñibles no Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), facilitando ao profesorado unha mellor comprensión e uso dos mesmos.
O profesorado interesado en recibir esta primeira formación do curso 2025/26 poderá acceder ás sesións a través das seguintes ligazóns:
- Edebé: Mércores 3 de setembro | 11:00 – 12:00 h
- Sala webinar: https://bit.ly/Edebe25-26
- Aulaplaneta: xoves 4 de setembro | 11:00 – 12:00 h
- Formulario de inscrición: https://emea.dcv.ms/J24rs2pwCi (é necesario inscribirse antes do mércores 3 de setembro)
- Netex-Smart: Venres 5 de setembro | 11:00 – 12:00 h
- Formulario de inscrición: https://register.gotowebinar.com/register/3346903948001887072 (é necesario inscribirse antes do xoves 4 de setembro)
DOCUMENTACIÓN PROXECTO E-DIXGAL
Na Aula Aberta Abalar (https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/) recóllese información e documentación útil para o profesorado de niveis E-Dixgal.
- Documentación para a formación inicial E-Dixgal
- Documentación para a formación avanzada E-Dixgal
- Información para as familias
Na URL: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal pode atopar máis información sobre o Proxecto E-Dixgal.
EQUIPOS DE PROFESORADO
Posteriormente á entrega do material para o alumnado, comezará a entrega dos equipos ao profesorado. Desde a ferramenta de Xestión do equipamento, a persoa coordinadora deberá indicar explicitamente para cada profesor ou profesora do centro que imparta unha materia eE-dixgal se desexa ou non recibir o portátil.
SOPORTE E ASESORAMENTO TÉCNICO
Para calquera dúbida ou aclaración sobre algún dos puntos anteriores, ou se o seu centro ten algunha deficiencia que impida o desenvolvemento técnico do Proxecto E-Dixgal, pode poñerse en contacto co seu asesor/a Abalar de zona da AMTEGA.
- https://espazoabalar.edu.xunta.gal/asesoramento-e-soporte-abalar/areas-xeograficas
- https://espazoabalar.edu.xunta.gal/asesoramento-e-soporte-abalar/datos-de-contacto
Prégase a difusión deste correo entre o profesorado do seu centro.
Moitas grazas pola súa colaboración.