Na caixa de texto Cálculo introdúcese a fórmula para o cálculo da nota da categoría ou aspecto que se está a configurar. A sintaxe da fórmula é análoga á empregada nas follas de cálculo.

  • Debe comezarse sempre co signo =
  • Os elementos de cualificación represéntanse polos números ID entre dobles corchetes: [[Número_ID]]
  • As fórmulas admiten os símbolos das operacións aritméticas +,-,*,/ e parénteses ( ).
  • Hai unha serie de funcións matemáticas que se poden usar. Os argumentos sepáranse por puntos e comas ";".
  • Tamén se poden empregar os operadores lóxicos: AND, OR xunto cos operadores de comparación: >, <, >=, =< e ==, coa función condicional if.
  • As funcións poden aniñarse unhas dentro doutras, de xeito que poden resultar fórmulas de cálculo das cualificacións moi versátiles (e complexas).
Última modificación: mércores, 11 de xaneiro de 2023, 10:49 AM