Asignamos ao alumno 2 as seguintes cualificacións na 1ª avaliación:
  • P11: 6
  • P21: 3.5
  • T21: 4.5
  • T22: 5.5

A nota final da 1ª avaliación coa media ponderada configurada anteriormente é: 4.59

Así pois, este alumno debe recuperar a 1ª avaliación.

Procedemento

  • Creamos unha nova categoría de cualificación: Recuperación 1ª avaliación (puntuación máxima: 10)
  • Engadimos unha tarefa sen entrega puntuable ata 10
    • Categoría de cualificación: Recuperación 1ª avaliación
  • Creamos unha nova categoría de cualificación: Nota final Total 1ª Avaliación  (puntuación máxima: 10)
    • Asignamos ID: AVAL1 e RECAVAL1
    • Axustes do libro de cualificacións: Editar > Editar cálculo
    • Co editor de fórmulas: =if([[AVAL1]]>=5;[[AVAL1]];[[RECAVAL1]])
  • Avaliamos con 4.8 a recuperación da 1ª avaliación para o alumno 2 e comprobamos o resultado

PROPOSTA ALTERNATIVA

  • Se o alumno fai a recuperación, a nota final da 1ª avaliación será a maior entre a obtida na recuperación e a orixinal

=if([[RECAVAL1]]>=5;[[RECAVAL1]];max([[RECAVAL1]];[[AVAL1]]))

Probar cunha nota de recuperación 4.25



NOTA: Mensaxe asistente de cualificacións no EVA (Ignorar)

mensaxe

Última modificación: martes, 24 de xaneiro de 2023, 4:12 PM