Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. B1_CDD
  3. Tarefa con rúbrica de corrección para o profesorado
  4. Proxecto de instalación dun sistema domótico de control da luminosidade dunha vivenda

Proxecto de instalación dun sistema domótico de control da luminosidade dunha vivenda

Requisitos do completado

Como traballadores dunha pequena empresa adicada á instalación de sistemas de telecomunicacións, recibimos un encargo para domotizar unha vivenda de xeito que, en función da luminosidade, horas de sol, etc, as persianas abran e pechen de xeito automático. O sistema permitirá a programación mediante un dispositivo móbil e será regulable polo usuario final.

Así pois, nesta práctica o alumnado terá que realizar un proxecto de instalación dun sistema domótico de control da luminosidade dunha vivenda con sete estancias mediante a automatización das persianas.

O proxecto incluirá:

  • Identificación dos elementos necesarios para a instalación
  • Cálculos teóricos para a instalación
  • Simulación software da instalación 
  • Selección do material necesario para a implementación da instalación.
  • Realización práctica da instalación
  • Realización dun orzamento da instalación
  • Documentación técnica da instalación de acordo coa normativa vixente.
  • Realización dun contido multimedia coa explicación de todo o proceso.

O traballo realizarase por parellas e será avaliado por medio dunha rúbrica.

A entrega fóra de prazo da tarefa penalizará 1 punto a nota final da tarefa. 

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle