En ocasións pode resultar interesante capturar unha web completa en modo imaxe para poder posteriormente visualizar a información. Isto acontece, por exemplo, cando temos acceso a unha determinada información de forma temporal e queremos almacenala de xeito definitivo.
Co navegador Firefox pulsamos:
SHIFT + F2
Abrirase na parte inferior un cadro de texto no que podemos escribir comandos:
help: amosa a lista de comandos
screenshot nome_ficheiro fullpage
O ficheiro coa imaxe de toda a web almacenarase na carpeta de Descargas