A cualificación das actividades do alumnado faise desde a propia actividade:

  • Nas probas (cuestionarios) calcúlase automaticamente
  • Nas tarefas avaliadas con rúbrica o cálculo tamén o fai a aplicación
  • Nas tarefas normais o profesor escribe a puntuación (normalmente numérica)
  • Nos libros das editorias calcúlase automaticamente

Os alumnos poden ver as notas e comentarios  mentres a actividade esté aberta.

Ademais disto o EVA ofrece un libro de cualificacións que recolle as notas de cada actividade para cada alumno e permite ó profesor visualizalas en conxunto, modificalas directamente e deseñar os cálculos para mostrar a nota dunha avaliación ou a do final do curso.

Nos seguintes videotitoriais explícase a configuración do libro:

Configuración básica do libro:


Configuración avanzada do libro:



Observación: no caso de facer unha restrición de tarefas ou cuestionarios para un grupo determinado de alumnos é imprescindible asegurarse de que no libro de cualificacións está marcada a opción por defecto "Engadir só cualificacións non baleiras". De non facelo así a nota dos alumnos que non pertencen ó grupo que fai a proba verase alterada dado que se consideraría que teñen un 0 na actividade.


O libro de cualificacións do EVA permite utilizar funcións, incluso condicionais e lóxicas, para o cálculo das notas. Para activar esta posibilidade debemos activala seguindo a ruta: Cualificacións - Lapela Máis - Modo avanzado - Axustes - Preferencias: Informe do cualificador - Amosar os cálculos: Si

Última modificación: domingo, 16 de xaneiro de 2022, 6:27 PM