A rúbrica é unha ferramenta de avaliación que consiste nun documento no que os profesores indicamos claramente en que aspectos nos imos a fixar para cualificar un traballo e ademais, para cada un, mostramos os distintos niveis de calidade que se poden conseguir.

É especialmente útil para tarefas como traballos escritos, exposicións orais, a libreta do alumnado, composicións artísticas etc. Con ela evitamos ser arbitrarios e pouco obxectivos na corrección.

Deben mostrarse ós estudantes antes de que entreguen a tarefa para que sepan os criterios, e unha vez correxida para que coñezan os erros.

Se está ben deseñada ademais dun instrumento para avaliar é unha ferramenta de aprendizaxe.

Rúbrica

formacion.intef.es

Última modificación: domingo, 29 de novembro de 2020, 7:58 PM