Deseño do libro de cualificacións
O libro de cualificacións non só permite mostrar as notas das actividades, tamén fai os cálculos necesarios para ofrecer a nota dunha avaliación ou a do final de curso. Pode substituír perfectamente a un "caderno de notas" tanto en papel como dixital.
Para iso debemos facer un deseño claro, normalmente antes de que empece o curso, creando as categorías necesarias según a programación didáctica do noso departamento.
Exemplos típicos son os indicados a continuación.
Tres avaliacións e media final:
Para o exemplo créanse, dentro da categoría do curso, tres novas categorías cunha agregación (cálculo) determinados, neste caso media ponderada ou media ponderada simple:

Con isto obteriamos as cualificacións trimestrais e finais de cada alumno.
Avaliación contínua, cada actividade ten un peso no total do curso:
Neste caso o cálculo non require categorías:
.