A cualificación das actividades do alumnado faise desde a propia actividade:

  • Nas probas (cuestionarios) calcúlase automaticamente
  • Nas tarefas avaliadas con rúbrica o cálculo tamén o fai a aplicación
  • Nas tarefas normais o profesor escribe a puntuación (normalmente numérica)

Os alumnos poden vela  mentras a actividade esté aberta.

Ademais disto Moodle ofrece un libro de cualificacións que recolle as notas de cada actividade para cada alumno e permite ó profesor visualizalas en conxunto e tamén modificalas directamente.

No bloque Administración:

Acceso libro cualificacion

Obteremos inicialmente unha lista dos alumnos:

Cualificacións dos alumnos no libro

Activando a edición poderiamos cambiar ou introducir novas notas (cómodo cando avaliamos un exame en papel por exemplo).

O alumno tamén pode consultar todas as cualificación recibidas ata ese momento desde o bloque de Navegación do curso:

Acceso libro cualificación do alumno

O informe que se mostra é configurable polo profesor e pódese decidir que elementos aparecen:

Informe do usuario

Última modificación: luns, 28 de setembro de 2020, 10:02 PM