As actividades de Moodle teñen en común que implican a participación do alumno, ben de xeito individual ou traballando colaborativamente.

Nalgunhas, como a Conversa (chat) ou a Escolla, non ten sentido a avaliación, pero a Tarefa ou a Proba préstanse perfectamente para esta función.

Na imaxe seguinte vemos as distintas actividades que nos ofrece neste momento:

Actividades en Moodle

A Proba e a Tarefa verémolas con detalle por ser as que máis se usan, do resto hai algunhas moi fáciles de usar, simplemente deixando a configuración que nos ofrecen por defecto:

foro  é unha ferramenta de comunicación e interacción entre os membros do grupo. Pode usarse para resolver dúbidas colaborativamente, para dar unha opinión sobre un tema que lanza o profesor, aportar unha solución etc.

O foro de novas que se crea por defecto é especial e non admite respostas do alumnado. É util para facer avisos de cousas concretas: datas de probas, entregas, comenzo dun novo tema...

conversa é un chat que permite comunicarse en tempo real. Pode ser útil para tutorías, resolución de dúbidas etc. Cun número elevado de alumnos pode ser difícil seguir os fíos das conversas.

escolla permite que o profesor faga unha pregunta ofrecendo distintas opcións de escolla. Úsase para facer unha enquisa rápida, apuntarse a un turno de exame, escolla de representantes etc.

comentario permite facer preguntas tamén de xeito anónimo polo que é útil para facer enquisas de opinión.

glosario permite facer, a todos os membros da clase, un diccionario de termos da materia.

Última modificación: venres, 16 de outubro de 2020, 5:00 PM