Os grupos dunha clase poden facerse para agrupar a alumnos que están nunha mesma aula física ou administrativa pero tamén para facer grupos de prácticas, de laboratorio, traballo etc, dentro dun dos grupos-aula

Un alumno pode pertencer a varios grupos á vez: ó de 1º ESO A e ademais ó grupo 1 de taller por exemplo. Nestes casos pode ser interesante crear un "grupo de grupos", é dicir, un agrupamento, que pode estar formado por todos os grupos que están facendo un traballo concreto, que van a un taller etc.

A creación destes grupos é idéntica á que xa vimos e a asignación de alumnos pode facerse manualmente polo profesor, automaticamente ou ben deixar que os alumnos escollan os grupos cunha actividade que nos ofrece Moodle, a escolla de grupo.

Estrutura de grupos en Moodle

A vantaxe que ten facer estes grupos e agrupamentos é que permitirá que só un membro do grupo achegue as tarefas e que, cando o cualifiquemos, a nota pase automaticamente a todos os membros.

Última modificación: domingo, 27 de setembro de 2020, 6:14 PM