O bloque Ranking block permite visualizar ao alumnado participante no curso ordenado segundo a puntuación obtida en determinadas actividades. Desta forma incentivaríase a competición entre eles para acadar máis puntuación e así poder subir postos na clasificación.

O bloque está asociado ao  seguimento de completado de actividades,  que tamén deberá estar activado nos axustes de configuración do curso onde se vaia a empregar. A puntuación aumenta a medida que o alumnado complete as actividades ou recursos para os que se habilite o completado.

A configuración deste bloque debe facerse desde a administración de Moodle e será común para todos os cursos que o engadan: no menú Administración do sitio -> lapela Engadidos -> Ranking block (no apartado de Bloques).

Configuración Ranking block

O apartado 1 permite indicar o número de participantes que se visualizarán no bloque (tamén se pode configurar desde a roda dentada do propio bloque).

Nos apartados seguintes podemos indicar o número de puntos que se asignarán polo completado de recursos tipo ficheiro (2), actividades como tarefas ou probas (3), foros (4), páxinas (5), talleres (6) ou outros recuros (7).

Se o completado está definido para que sexa preciso recibir unha cualificación, o alumnado recibirá os puntos indicados no terceiro campo máis os que acadou na propia actividade (no caso das probas inflúe ademais á cantidade indicada no séptimo campo).

Nas probas con varios intentos permitidos podemos escoller no apartado 8 se os usuarios reciben puntos só polo primeiro intento ou por todos os que realicen.

Última modificación: venres, 20 de maio de 2022, 7:27 PM