A lista de verificación é unha actividade que se pode engadir ó curso e que mostra en forma de columna unha serie de ítems que o alumnado pode marcar a medida que os vaia consultando ou resolvendo.

Permite facer unha ligazón con outros recursos e actividades da aula polo que resulta unha opción interesante para orientar ó alumnado no seu traballo.

Como crear unha lista de verificación: https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/mod/page/view.php?id=3875



Última modificación: martes, 22 de marzo de 2022, 12:48 PM