Este bloque proporciona ao profesorado o tempo estimado que cada alumno adicou a un curso concreto entre dúas datas determinadas. Realmente non é unha información exacta que poidamos utilizar para valorar o esforzo xa que non permite medir o tempo de traballo real e moito menos a implicación nese tempo. Non obstante pode ser unha ferramenta útil para obter información que permita establecer o tempo necesario para determinadas tarefas ou actividades.

A adicación calcúlase sumando todos os intervalos de tempo que pasaron entre dous "clics" de rato sempre que estes non superasen un máximo de referencia que podemos configurar no bloque (por defecto 60 minutos).

Non debe confundirse co tempo entre o acceso ao curso e a saída, de feito este pode derivar nun tempo de adicación nulo se pasaron máis de 60 minutos entre o primeiro clic e o final.

Premendo no botón do bloque accedemos a unha páxina na que é posible indicar as datas do periodo e o tempo límite entre clics para facer o cálculo. Se escollemos un alumno concreto móstrase ademais información detallada cos inicios de sesión e a duración das mesmas (entendendo por sesión o tempo transcurrido entre a primeira e a última pulsación dentro do tempo límite), así como do tempo medio adicado.





Última modificación: luns, 22 de novembro de 2021, 1:16 PM