O bloque Grade Me pode engadirse a un curso concreto ou ao Taboleiro de cada docente.

Permite visualizar o número e o nome das actividades que están pendentes de cualificación, como tarefas ou probas con preguntas abertas. Tamén mostra o nome dos estudantes e a data na que se fixo a entrega. Premendo sobre a actividade accédese directamente á páxina correspondente no curso o que  evita ter que entrar periodicamente para comprobar se hai algo á espera de corrixir.

Colocado no Taboleiro inclúe os diferentes cursos nos que teñamos actividades pendentes e nun curso concreto mostra aos profesores as tarefas do curso e aos estudantes un bloque baleiro.

Un exemplo móstrase a continuación:


Aínda que de xeito predeterminado permite mostrar tarefas e probas, o administrador da aula pode activar tamén a visualización de foros, bases de datos ou glosarios. Para iso debe acceder ao axuste do bloque desde a ruta Administración do sitio-Engadidos-Bloques.

A visualización das actividades pendentes non é inmediata, prodúcese despois da execución do cron de Moodle.

Última modificación: domingo, 21 de novembro de 2021, 7:51 PM