Elementos de gamificación
A aula virtual incorpora unha serie de elementos que nos permiten deseñar estratexias enfocadas a aumentar a motivación e a implicación dos estudantes por medio de recompensas, niveis de progreso ou desafíos.
Nalgúns casos son actividades que permiten xerar diferentes tipos de
xogos a partir de glosarios, preguntas do banco ou cuestionarios.
Temos así o Sudoku, o Xogo do millonario, Serpes e escaleiras, o
Encrucillado, o Aforcado, Cryptex, a Imaxe oculta e Libro con
preguntas. Tamén Quizventure ou a Caza do tesouro.
Por medio das Insignias ou do Certificado personalizado, podemos tamén recoñecer o mérito dos estudantes nalgunha faceta concreta ou no desenvolvemento do curso.
Outros engadidos interesantes son os bloques Stach, Level up! e Ranking block.