Automatrícula en diferentes grupos
Aínda que no EVA se crean automaticamente materias para os diferentes grupos, moitas veces resulta máis cómodo utilizar unha única materia na que estará matriculado todo o alumnado dos diferentes grupos.
Podemos crear unha materia nova ou ben utilizar unha das que se crean automaticamente desde o Xade. No seguinte exemplo veremos o segundo caso, supoñendo que temos catro grupos de 5º curso (A, B, C e D), e queremos concentralos na materia creada para o A facendo que se automatriculen.
AUTOMATRICULACIÓN CON CHAVES DE GRUPO
Escolle a materia Xade de 5º na que vas a matricular aos alumnos (supoñemos que é a de 5º A). Crearemos catro grupos (A, B, C, D) desde a Administración da materia:


Engade aos alumnos do curso ao grupo correspondente (A):

Activaremos agora a posibilidade de que os alumnos se automatriculen, desde a Administración da materia - Métodos de matriculación:


No resto de materias (5º B, C, D) pon un enlace a este curso indicando tamén a chave de matriculación do grupo correspondente. Cando os alumnos preman na ligazón e escriban a chave quedarán matriculados no curso e situados no seu grupo.
Para que os alumnos non se vexan entre grupos diferentes vai a Editar os axustes e ao final da páxina indica o modo Grupos separados

Neste momento xa tes un único curso de traballo. É interesante ocultar os outros para non confundir aos alumnos. Para iso entra en cada un dos que abandonas desde Administración - Axustes:
