Debido a que o EVA E-Dixgal é o entorno no que se organizará e desenvolverá unha boa parte da actividade, cómpre coidar o xeito no que se dispoñen os diferentes elementos para facilitar o seguimento por parte do alumnado.

Debe quedarlle claro cales son as actividades obrigatorias, os recursos de ampliación, a secuencia correcta en cada tema... Para iso podemos utilizar algunhas posibilidades que nos ofrece esta aula virtual:

- resaltar o tema no que se está traballando

- clasificar con etiquetas os recursos e actividades

- xerarquizar os contidos utilizando as sangrías

- abrir os temas pouco a pouco a medida que se desenvolve o curso

- utilizar o calendario para mostrar os prazos

- activar o completado de actividades

- utilizar as actividades agochadas

- presentar os arquivos dentro dunha páxina




Última modificación: domingo, 17 de outubro de 2021, 1:25 PM