Que é o EVA E-DIXGAL?
Requisitos do completado
EVA: Entorno Virtual de Aprendizaxe
É un espazo que centraliza o desenvolvemento da nosa materia, permitindo:
- Subministrarlle ao alumnado recursos de estudo e consulta como arquivos, ligazóns, páxinas web...
- Deseñar unha gran variedade de actividades avaliables como tarefas, cuestionarios, foros, obradoiros, H5P...
- Configurar e centralizar a avaliación da materia.
- Comunicarnos co alumnado.
- Utilizar os libros dixitais das diferentes editoriais dispoñibles na plataforma.
A aplicación que se utiliza no EVA EDIXGAL é Moodle 4 (igual que na aula virtual do centro) pero cunhas peculiaridades específicas do proxecto:
- Está sincronizada con Xade para que se creen cursos e se matriculen alumnos automaticamente.
- Proporciona acceso aos libros dixitais de diferentes editoriais e recolle o resultado das súas actividades.
- Ten unha interface e unha configuración propias.
O traballo que levamos a cabo gárdase ao finalizar o curso escolar (na plataforma ou nunha copia de seguridade) o que nos permitirá melloralo coa práctica.
Última modificación: luns, 9 de setembro de 2024, 4:02 PM