Lección básica
Requisitos do completado
A lección permite ofrecer información e actividades seguindo un itinerario determinado que se deseña previamente.
Normalmente consiste nunha serie de páxinas de contidos seguidas dunha ou varias preguntas de maneira que, en función da resposta, o alumno será dirixido a unha páxina determinada.
Aínda que o alumnado obterá unha nota no libro de cualificacións segundo as súas respostas, a aplicación máis importante é como recurso de estudo xa que permite guialo a través dos contidos que se ofrecen.
A continuación móstrase un xeito básico de traballar con este tipo de actividade.
Última modificación: mércores, 5 de xaneiro de 2022, 9:27 PM