No apartado de Axuda-Contidos do EVA (panel esquerdo) podemos entrar nas distintas editoriais e consultar titoriais ou vídeos que nos explican a maneira de modificar o contido para adaptalo ás nosas necesidades.

Editorial Netex Smart:

Editorial Edebé ON +:

 

 

Editorial Planeta:

Editorial Pearson:

 

Algunhas editoriais permiten facer cambios nos seus libros, ocultando algunhas partes ou creando novo contido que se incorporará á interface.

Planeta e Edebé ON proporcionan unha copia do contido orixinal, que quedará asociada ó noso usuario para que a poidamos utilizar noutras materias, e que se garda para o curso seguinte.

Smart non fai copia do libro polo que non recomenda facer grandes cambios no seu contido, só ocultar algunhas partes ou incluír material, dado que nas actualizacións perderiamos as modificacións. Permite vincular o libro personalizado entre diferentes materias e recuperalo cada curso.

Non hai que esquecer que o EVA pon á nosa disposición a posibilidade de elaborar recursos tipo páxina, libro ou ficheiro, cos que podemos subministrar material propio ao alumnado.

Última modificación: martes, 30 de setembro de 2025, 11:24 AM