As actividades no EVA: H5P
2. Banco de contidos e actividades H5P
O banco de contidos é un espazo no que podemos gardar actividades H5P elaboradas exteriormente (coa aplicación Lumi por exemplo), ou ben crealas e editalas directamente. Logo poderemos incorporalas a calquera dos nosos cursos a través da actividade tipo H5P ou do editor Atto (neste caso non se gardará a nota no libro de cualificacións).
As actividades H5P son normalmente bastante pesadas polo que sería interesante gardalas tamén no ordenador xa que é posible que as copias de seguridade ocupen demasiado espazo para ser restauradas.
Para aceder ó banco de contidos desde un curso:
A continuación faise unha explicación en vídeo dalgunhas das que nos ofrece o EVA pero tendo en conta que na versión actual pártese do banco de contidos para elaboralas polo que os vídeos son útiles só na parte de creación do H5P.
Arithmetic Quiz: proba aritmética
Audio recorder: grabar un audio (Manuel Felpeto)
Course Presentation: presentación (M. Felpeto)
Drag and Drop: arrastrar palabras a imaxe
Find The Words: sopa de letras (M. Felpeto)
Fill in the Blanks: escribir nos ocos
Interactive Video: vídeo interactivo (T. Expósito)
Mark the Words: marcar a palabra correcta
Multiple Choice: resposta múltiple
Single Choice Set: resposta única
Question Set (Quiz): cuestionario (T. Expósito)
Exemplos e titoriais de M. Felpeto