3. Completado de actividades


As condicións de completado son diferentes en función do tipo de actividade no que se utilice. Indícanse a continuación as máis comúns:

- Nas actividades tipo Tarefa:

1. Neste caso a tarefa quedará completada cando o alumno prema co rato e a visualice. Non debe marcarse en caso de escoller outros requirimentos.

2. Considérase finalizada cando recibe unha nota,  positiva ou negativa.  As iconas serán distintas se no apartado Cualificación indicamos a nota mínima para aprobar (un 5 é un valor típico):

    Se permitimos varios intentos a icona cambiará con cada nota recibida.

3. Neste caso o estudante debe entregar a tarefa (como unha versión preliminar ou premendo no botón de entrega, según o teñamos configurado nos axustes), e non é preciso que esté cualificada.


- Nas actividades tipo Proba ofrece ademais a opción de considerala completada unicamente se está aprobada:



- Nas actividades tipo Foro, hai varias opcións específicas:

1. No menú que se desprega podemos escoller entre non ter en conta a cualificación, requirir unha cualificación en todo o foro ou ben nas intervencións individuais.

2. Neste apartado podemos indicar un número mínimo de comentarios que o alumnado debe facer no foro, incluíndo tanto os iniciados como as respostas.

3. Indícase aquí o número mínimo de novos temas ou fíos que debe iniciar cada estudante.

4. Pódese escoller o número de respostas mínimo (sen incluír o comentario que iniciou).


- Nas actividades tipo Glosario podemos esixir un número mínimo de entradas para considerar a finalización: