2. O bloque Level up!

2.2. Regras


Na lapela correspondente podemos establecer as condicións para que os eventos ou accións se convirtan en puntos xp.

Por defecto están creadas unhas regras que asignan 45 puntos aos eventos de creación, 9 aos de lectura e 3 aos de actualización, en calquera elemento do curso no que sucedan. Estas cifras poden modificarse directamente desde a pestana e tamén é posible eliminar as regras desde a icona do lixo. Ao final da páxina, na Zona de perigo, permítese devolver todos os puntos e regras ao seu estado inicial, aínda que isto non ten efecto sobre os puntos que os usuarios gañaron ata ese momento.




A puntaxe adecuada para un curso dependerá do tipo de actividades que se propoñan e da interacción que esperamos que o alumnado manteña. Resulta útil consultar a lapela Log para observar os puntos que se poñen en xogo con cada evento e decidir así o máis conveniente. 

Tamén é posible crear regras novas establecendo o número de puntos e decidindo se se deben cumprir todas, algunha ou ningunha das condicións que consideremos:


En canto aos tipos de condicións, temos os seguintes:

1. Eventos específicos: desprega un menú que permite escoller as accións que os usuarios deben levar a cabo sobre os elementos do curso para puntuar. Por exemplo, no caso das tarefas considéranse os seguintes eventos:


2. Actividade ou recurso: móstranse todas as actividades e recursos do curso permitindo  elexir o que se terá en conta para analizar o evento e proporcionar puntos.

3. Propiedades do evento: para usuarios con coñecementos avanzados xa que é preciso utilizar o nome concreto do evento, acción ou obxectivo. Na páxina oficial de Moodle podemos consultar as denominacións exactas e desde a ruta Administración do sitio- Informes-Lista de eventos podemos observar os que se producen na aula.

4. Conxunto de condicións: permite facer combinacións entre elas.


Un exemplo simple é a seguinte regra que proporciona 100 puntos cando se crea un fío nun foro concreto do curso:

É importante ter en conta que cando creamos regras propias mantendo tamén as que estaban predefinidas, a posición relativa da nova regra vai a determinar os puntos que recibe. Así por exemplo, se a regra anterior, que implica creación, se coloca por riba da que asigna 45 puntos á creación, cada novo debate no foro concreto indicado será premiado con 100 puntos (non se lle asignarán ademais os 45 de calquera creación), porén se o colocamos por debaixo desa regra orixinal, a puntuación será de 45 xp, ignorándose os 100 puntos da regra creada.