2. O bloque Level up!

2.1. Configuración


A lapela configuración mostra os seguintes elementos:




1. No apartado Xeral pódense habilitar ou non os tres apartados:

  • o rexistro dos puntos (pode ser interesante desabilitalo para conxelar as ganancias nun momento determinado do curso),
  • a posibilidade de que o alumnado acceda desde o bloque á lapela de información, na que se mostran as iconas dos niveis do curso cos puntos xp correspondentes:

  • a felicitación ao alumnado con cada subida de nivel por medio dunha ventá emerxente:


2. No apartado Ranking podemos:

  • Desactivalo, se queremos que non se mostre a lista de estudantes ordenados por nivel e puntuación. Os docentes terán información do nivel de cada participante a través da lapela Report pero tampouco visualizarán a lista.
  • Facer que se mostre ou non o nome e a imaxe dos participantes no ranking.
  • Indicar o número de participantes que un estudante verá na lista, nas posicións inferiores e superiores á súa, ou facer que se mostren todos.
  • Escoller se os estudantes verán un número que indica a posición absoluta na clasificación ou a diferenza de puntos con outros usuarios:

  • Escoller a información que se mostrará na lista: número de puntos e/ou barra de progreso:


3. O apartado Control de trampas permite establecer o número máximo de accións que se terán en conta para puntuar nun tempo determinado e tamén o tempo que debe pasar entre dúas accións idénticas para que puntúen de novo. Con isto inténtase evitar que os estudantes gañen puntos polo simple feito de repetir a mesma acción continuadamente (visitar unha páxina por exemplo).

4. En Block appearance podemos cambiar o título e a descrición que se mostrarán no bloque e tamén decidir se o estudante verá as últimas accións do curso que lle xeraron puntos: